• A Tenencia mantén os seus campamentos de verán baixo estritas medidas de protección

    AIC campamentostenencia2020A Agrupación Instrutiva de Caamoucocelebrará este verán os seus campamentos infantís. A Sociedade decidiu manter este servizo nunha versión reducida e baixo estritas medidas de protección como ferramenta para favorecer a conciliación familiar, tal como veu facendo nos últimos anos.

    O prazo de matrícula abrirase este luns, 15 de xuño.Cada unha das inscricións valorarase de xeito individual antes da súa admisión, tamén baixo un rigoroso proceso de selección que garanta a seguridade de todas as persoas participantes. As reservas pódense tramitar no teléfono 608 065 276.

  • A Xunta Directiva da Agrupación Instrutiva retoma as súas reunións presenciais

    AICreunion06062020Primeira reunión presencial da Xunta Directiva dende que se declarou o estado de alarma. A xuntanza celebrouse cumprindo coas medidas de seguridade correspondentes. Trátase do primeiro encontro físico dende o mes de marzo, malia que a Sociedade tamén celebrou en abril unha xuntanza telemática.  Na reunión acordouse, como non podía ser doutro xeito, a suspensión de eventos multitudinarios como a sardiñada popular ou o Lume no Castelo. Segundo explican dende a Xunta Directiva, por riba de todo, a súa responsabilidade e obriga é garantir a seguridade e benestar de todos os veciños e veciñas.

  • 'De Caamouco a Cuba', primeira exposición virtual da Tenencia

    C Elena Bouza Unha das imaxes que forman parte da exposiciónA Agrupación Instrutiva de Caamouco continúa ofrecendo contidos culturais a través da internet. A Sociedade vai inaugurar o vindeiro luns a mostra 'De Caamouco a Cuba'. É a primeira exposición virtual impulsada pola entidade. Trátase dunha escolma de fotografías a través da que se fai un repaso polas vivencias do grupo que viaxou coa Agrupación Instrutiva a Cuba, país no que se fundou a sociedade no ano 1911.

    'De Caamouco a Cuba' ofrecerá dende o vindeiro luns un paseo fotográfico por algúns dos puntos máis icónicos do país caribeño, nos que fixo parada a expedición de Caamouco. O carácter da mostra é colaborativo: boa parte das persoas que participaron na viaxe quixeron participar, aportando as súas fotografías máis orixinais.

  • A Agrupación Instrutiva clausura os seus cursos anuais a través da internet

  • Letras Galegas 2020

    As Letras Galegas na Agrupación Instrutiva de Caamouco celébranse este ano a través da internet. Programa especial con espazos divulgativos sobre Carvalho Calero, actuacións musicais e a participación do grupo A Tenencia Teatro.

  • As Letras Galegas na Tenencia, a través das redes sociais

    letras galegas 2020As Letras Galegas na Agrupación Instrutiva de Caamouco mudan este ano de formato, por mor do coronavirus. A Sociedade, lonxe de deixar pasar de longo o 17 de maio, traballa xa na creación dun programa especial a través das súas redes sociais

    A gravación, que se vai emitir o propio día das Letras ás 20:00 horas, inclúe apartados musicais e divulgativos, centrados na figura do autor homenaxeado. Ademais, os actores e actrices da Tenencia Teatro terán tamén o seu espazo, nun programa no que a Agrupación aproveitará para botar a vista atrás e lembrar edicións anteriores das Letras Galegas. Cómpre salientar tamén que varios dos contactos que creou A Tenencia logo da súa viaxe a Cuba aproveitarán para festexar esta data coa Sociedade, a través do envío de vídeos. 

    O programa especial das Letras Galegas da Tenencia poderase seguir en tempo real a través de Facebook e a canle de Youtube da Agrupación Instrutiva. 

  • Cando isto pase volveremos con máis forza

    A Agrupación Instrutiva de Caamouco continúa traballando dende a casa. A súa Xunta Directiva está a organizar xa o programa de actos do vindeiro verán, para cando isto pase recuperar a súa actividade con máis forza.

    Ademais, a Sociedade ten en marcha varias actuacións de mellora dentro do seu local aproveitando a suspensión temporal dos cursos, que serán retomadas en canto o permitan as restricións derivadas do estado de alarma.

  • Suspéndense os cursos da Agrupación Instrutiva de Caamouco dende hoxe

    AIC Coronavirus copyA Xunta Directiva da Agrupación Instrutiva de Caamouco, atendendo ás recomendacións das autoridades ante a crise do coronavirus, decidiu suspender todos os seus cursos formativos. A cancelación prolongarase, polo menos, ata o día 1 de abril. En función da evolución da situación sanitaria, a Xunta Directiva determinará se prolongar esta medida más alá desa data.

    A Xunta Directiva da Agrupación aproveita para indicar a todos os veciños e veciñas que sigan as recomendacións ditadas polo Ministerio de Sanidade e a Consellería de Sanidade. TELÉFONO DE ATENCIÓN Á CIDADANÍA: 900 400 116

  • A Tenencia organiza unha nova xornada cubana, previa á súa segunda viaxe

    xornadacuba2020Sábado 21 de Marzo dende as 13:30

    A Agrupación Instrutiva de Caamouco regresa a Cuba. Para celebralo, a Sociedade organiza unha nova xornada galego-cubana na que os asistentes poderán enchouparse da cultura do país caribeño. A actividade está pensada para un público amplo, participen ou non na viaxe programada para maio. A cita está programada para o vindeiro 21 de marzo e inclúe conferencias e un xantar, entre outras cousas.

  • 'Camiños de arte' encara a recta final da súa segunda edición

    AIC caminos19A segunda edición de Camiños de arte entra na súa recta final. O programa cultural impulsado pola Agrupación Instrutiva de Caamouco ten por diante aínda tres novas saídas, a celebrar en marzo, abril e maio. Ademais da participación nas propia xornadas, as persoas inscritas na iniciativa terán a oportunidade de asistir no centro social da Tenencia a unha charla introdutoria previa a cada cita. 

    O prazo de inscrición está aberto, ben chamando ou enviando WhatsApp ao 689 114 948 ou no correo electrónico aEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

    CONSULTA PROGRAMA COMPLETO

  • Marzo, mes para aprender a facer conservas na Tenencia

    AICConservas20Volven os obradoiros intensivos á Agrupación Instrutiva de Caamouco. A sociedade organiza durante o mes de marzo dúas novas propostas, centradas no mundo das conservas e pensadas para un público amplo. 

    O primeiro dos cursos terá lugar o 7 de marzo (16h). A actividade centrarase na preparación de marmelo, vexetais ao natural e froitas en almibar. 

    O segundo curso, entre tanto, vaise celebrar o 14 de marzo (16h). Neste caso, ensinarase a preparar xelea de froitas, crema de froitas, froitas confitadas e verduras caramelizadas. 

    Prezo para cada unha das actividades: Socios 11 / Non socios: 13 

    Reservas: 626 1072 31

  • A Tenencia recupera o baile de maiores do Entroio

    AIC Entroid20Para maiores e para pequenos. Así é o Entroido 2020 na Agrupación Instrutiva de Caamouco. A entidade mellora a súa oferta neste tradicional festexo, cunha dobre xornada pensada para todos os públicos. Os actos terán lugar os días 21 e 22 de febreiro. 

    O venres 21, a partir das 22:30, celebrarase o baile de disfraces de adultos. A Tenencia recupera esta festa, case unha década despois. O baile estará amenizado polo Grupo Albatros, que visita por segunda vez a Agrupación Instrutiva. Durante a noite, sortearese un estuche de viño entre os asistentes.

    O sábado 22, a partir das 17:00 horas, terá lugar o baile de disfraces infantil. Haberá animacion musical e xogos para os rapaces, da man de IlusiónArte. Nesta xornada sortearese entre os pais e nais un lote de produtos gastronómicos típicos do Entroido. 

  • A Tenencia volverá a Cuba no vindeiro mes de maio

    CronicasDeCuba20191026 10A Agrupación Instrutiva de Caamouco confirma unha segunda viaxe a Cuba, o país no que naceu a entidade no ano 1.911. Despois do éxito da primeira experiencia no pasado mes de outubro, A Tenencia regresará á illa caribeña no vindeiro mes de maio.

    Nesta segunda andaina a entidade busca consolidar as relacións creadas na primeira visita con representantes e colectivos galegos naquel país. Ademais de percorrer A Habana, organizaranse novas actividades e novas rutas pola illa, diferentes ás da primeira expedición. 

    A viaxe terá lugar do 12 ao 19 de maio. Gozará de media pensión no Tryp Habana Libre, situado na capital. 

    Nesta ocasión, a Xunta Directiva da Tenencia decidiu fixar un tope de 40 persoas participantes, por rigoroso orde de inscrición. 

    O prazo para anotarse xa está aberto. As reservas pódense tramitar a través do número de teléfono 606146787.

     

  • Revista A Tenencia, número 6

    Portada Anterior: Montaje sobre la Alianza publicado en la revista Galicia.
    Portada Posterior: Plano rías de A Coruña, Betanzos, Ares y Ferrol (1755/99) realizado por el Coronel D. Antonio de Mendoza Sandoval.

    Deseño portada: Sabela Fraguio Salorio

    (preme en ler máis para ver a táboa de contidos)

    Descarga o documento (14MB)

  • O Nadal enche a Agrupación Instrutiva de actividades para todos os públicos

    AIC Nadal19A Agrupación Instrutiva de Caamouco ten todo a punto para celebrar o Nadal. A Sociedade programou para as Festas un completo programa de actividades para todos os gustos e todas as idades, con obradoiros, música e iniativas infantís, baixo o programa 'Caamouco no Nadal'.

    - 30 DE NOVEMBRO (16:30 h) > Obradoiro de adornos de Nadal con materiais naturais e reciclados. Pensado para adultos ou nenos acompañados. Socios: 12 / Non socios: 15. Reservas: 626 10 72 31

    - 14 DE DECEMBRO
    10:30 h > Obradoiro de turróns e mazapáns. Pensado para adultos ou nenos acompañados. Socios: 14 / Non socios: 17. Reservas: 626 10 72 31
    20:00 horas > Concerto do Nadal: Rondalla 'Lucero del Alba' (aberto a socios e non socios)
    21:00 horas > Petiscos de Nadal. Convite aos socios/as da Tenencia

    - 4 DE XANEIRO (18:00 h) > Nadal solidario: 'As cores', Contacontos obradoiro para rapazada, de Lidia Pena. Actividade solidaria coa Cociña Económica de Ferrol.

  • A Tenencia, de novo en negro contra a violencia de xénero

    AIC tenencianegro19A Agrupación Instrutiva de Caamouco adheriuse por terceiro ano consecutivo á campaña 'En negro contra as violencias', unha iniciativa de concienciación e sensibilización contra as violencias machistas. O obxectivo, unha vez máis, é promover e facer visible o rexeitamento da veciñanza de Caamouco ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, coincidindo co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o vindeiro 25 de novembro.

  • Novembro, mes do teatro na Agrupación Instrutiva

    AIC teatro19Novembro é sinónimo de teatro na Agrupación Instrutiva de Caamouco. A Sociedade programou para este mes un interesante ciclo, con tres propostas. 

    A primeira representación terá lugar o sábado 9 de novembro (19:00 horas). O grupo Xosé maría Pérez Pallaré visita de novo o centro social da Tenencia, desta volta coa obra 'A tenda do convento', baixo a dirección de José Bonome.

    Unha semana despois, o 16 de novembro (19:00 horas), a Agrupación Instrutiva recibe ao grupo da ASCM coa súa obra 'La maravilla de lo diverso',  unha aposta polo teatro inclusivo. Baixo a batuta de Eugenia Sanmartín, a de Caamouco será a derradeira representación deste proxecto, logo dun extenso percorrido por toda a comarca. 

     

  • Radio Fene emitirá unha serie de 12 reportaxes centradas na viaxe da Tenencia a Cuba

    radio feneProgramación especial de Radio Fene con motivo da primeira viaxe oficial da Agrupación Instrutiva de Caamouco a Cuba, país no que se fundou a sociedade no ano 1911. A emisora municipal vai emitir dende este 28 de outubro unha serie de 12 reportaxes que teñen aos membros da expedición como protagonistas. 

    Cada unha das crónicas estará centrada nun tema principal, dende a visita ao Centro Galego ata a homenaxe no Panteón dos Naturais de Galicia, pasando pola situación sociopolítica cubana na actualidade. Cada unha das pezas collerá forma a través das voces dalgúns dos 56 participantes na expedición. 

    As reportaxes emitiranse de luns a venres ás 10:00 horas da mañá a través da 107.7 FM e a través da web www.radiofusion.eu,onde tamén se poderán consultar unha vez emitidas. 

  • Crónicas de Cuba IV

     

    Nas últimas horas importamos un chisco da nosa cultura á Habana. Faia Díaz e Vero Rilo, que forman parte da nosa expedición, ofreceron unha actuación nun céntrico local da capital cubana. A narrativa oral galega (e en galego) e a nosa música fusionáronse coa calor caribeña nunha noite inesquecible.

  • Crónicas de Cuba V

     

    Nesta xornada do 23 de outubro celebramos os 108 anos da fundación da Agrupación Instrutiva. Facémolo no seu berce, Cuba, no marco na nosa primeira viaxe oficial ao país no que naceu a nosa sociedade.

Joomla templates by a4joomla